Skip to main content
O Valadouro

O Concello do Valadouro convoca o I exposición de fotografía adicado ás mulleres no Valadouro

Por 14 Marzo, 2024Marzo 15th, 2024Sin comentarios

O Concello do Valadouro, convoca o I exposición de fotografía adicado ás mulleres no Valadouro para o que está a recompilar imaxes de mulleres do Valadouro para conmemorar o 8M. Así, hai de prazo ata o venres, 22 de marzo.

Poden participar nesta exposición veciños e veciñas do concello do Valadouro ou calquera outra persoa de nacionalidade española e maior de 18 anos. Deberán identificarse con nome, apelidos, dni e teléfono de contacto.

Poden ser imaxes dixitais ou analóxicas, en cor, branco e negro ou sepia. Esas imaxes poden enviarse ao email cultura@valadouro.gal, ao Whatsapp 982 148 153 ou en persoa nas oficinas da Casa da Cultura.

O concello pode subir ás súas redes sociais todos ou parte dos traballos presentados e realizar unha exposición física ou dixital. As bases completas aquí.