Skip to main content
Axenda AMARIÑAXAO Valadouro

A XXVII Concentración de Motos Valadouro será os días 3, 4 e 5 de maio

Por 31 Marzo, 2024Abril 1st, 2024Sin comentarios

O Moto Clube Valadouro vén de presentar a data da vindeira XXVII Concentración de Motos Valadouro, que será os días 3, 4 e 5 de maio de 2024. Todos os asistentes a este evento onde este vehículo de dúas rodas será o gran e indiscutible protagonista, poderán gozar do seguinte programa.

O venres 3, ás 18.00 horas abriranse as inscricións con cervexa de benvida e ás 22.00 horas comezará a picada moteira a base de churrasco, chourizo, empanada e pan. Ás 00.00 horas o grupo The Rock Legend ofrecerá un concerto e ás 01.30 horas será a quenda da disco móbil.

Xa na xornada do sábado 4, ás 9.00 horas abrirase o mercado semanal do pobo e ás 11.00 horas terá lugar unha pequena ruta moteira para que a media mañá, ás 12.00 horas, sexa a apertura de inscricións con cervexa de benvida. Xa ás 14.00 horas levará a cabo a comida moteira no polideportivo.

De 16.00 a 20.00 horas haberá inchables gratis para os máis pequenos, ás 18.00 horas terá lugar unha exhibición acrobática e ás 20.00 horas realizarase o peche de inscricións e o sorteo dun xamón.

A partir das 21.00 horas todos os presentes poderán asistir a unha amena cea e ás 23.00 horas a unha nova exhibición acrobática.

Ás 00.00 horas a orquestra Charleton Big Band deleitará a todos os asistentes coa súa música, os cales poderán gozar ademais dunha queimada popular e sorteos. A velada proseguirá coa animación da discoteca móbil e un segundo pase da citada orquestra.

Domingo 5 ás 10.00 horas os asistentes poderán gozar dun xantar. Ás 11.00 horas dará inicio a ruta turística e ás 13.30 horas terá lugar na praza de Santa María a chegada da ruta. A comida moteira de despedida que se celebrará ás 14.00 horas, onde levará a cabo a entrega de trofeos e o sorteo de agasallos, poñerá punto final a esta nova edición da concentración.

O prezo da inscrición completa será de 45 euros. A media inscrición terá un custo de 35 euros.