Skip to main content
Vegadeo

Esta fin de semana será a XXIII Feira dos Stocks de Vegadeo

Por 27 Marzo, 2024Sin comentarios

Os días 28, 29, 30 e 31 de marzo, abre as súas portas o recinto Feiral de Vegadeo, onde terá lugar a Feira de Stocks.

Unha cita con tradición na comarca, onde estarán presentes un total de 60 expositores, coas mellores tendas do municipio, dos municipios veciños, e ademais sumásense comercios chegados doutras provincias, todos eles ilusionados por presentarnos produtos de calidade ao mellor prezo, con grandes descontos e para todos os petos. Aos establecementos que participan outras edicións, sumaremos aproximadamente 15 novas tendas.

Poderanse comprar téxtil, calzado e deporte para todas as idades, complementos, libros, fogar, mobles etc…

A entrada é gratuíta como en edicións anteriores, abrirase o xoves 28 ás 17.00 horas e o resto dos días en horario de mañá de 11.00 a 14.00 horas. E de tarde de 16.30 a 20.30 horas.

Dispoñeremos de servizo de ludoteca para os máis pequenos, onde se divertirán mentres que os seus pais poderán realizar as súas compras con maior tranquilidade. Contarán con servizo de polbeira e churraría.

Nesta edición recuperamos o sorteo de menús para consumir na polbeira entre todos os nosos clientes que superen os 100 euros de compra na feira, sortearanse 3 menús diarios valorados cada un en 40 euros, esta iniciativa contou con moi boa acollida na pasada edición.