Skip to main content
Axenda AMARIÑAXAO Vicedo

A asociación cabalar Rías Altas organiza a IX Ruta Cabalar O Vicedo

Por 30 Marzo, 2024Marzo 31st, 2024Sin comentarios

A asociación cabalar Rías Altas do Vicedo invita aos amantes dos cabalos a percorrer as praias do Vicedo o vindeiro 1 de xuño na súa nova edición da ruta.

A saída será a partir das 10.00 horas desde o colexio do Vicedo, na rúa Maxisterio, e farase unha parada ás 15.00 horas para o xantar que terá un prezo de 25 euros por comensal agás os nenos ata 13 anos que será de 10 euros. Esta cita estará amenizada por un dúo musical.

A organización lembra que para anotarse haberá que chamar aos teléfonos 677 452 735 ou 652 399 628.

O colectivo demostra que a paixón polos equinos, que quedou reflectida en espectáculos coma as rapas das bestas este verán, segue moi viva na Mariña lucense.