Skip to main content
O Vicedo

A Asociación de Veciños de San Román do Vicedo está a recoller sinaturas para a instalación da fibra óptica

Por 31 Marzo, 2024Sin comentarios

Rubén Rábade, presidente da Asociación de Veciños de San Román do Vicedo, vén de comunicar que están a recoller sinaturas para a instalación da fibra óptica na parroquia de San Román.

Así, di que “ante a pasividade do Concello e o deixamento do seu alcalde que non entendemos como en todo O Vicedo estea a instalación da fibra planificada e, na nosa parroquia, que conta cun hotel, dous restaurantes e varios veciños teletraballando desde casa, quede nestes momentos fora do proxecto da instalación da fibra”.

Desde a Asociación de Veciños de San Román están a recoller os datos de todos os nosos veciños interesados na parroquia, 65 casas en total sen contar as casas vacacionais. Agora trasladarán esa información aos directivos da empresa comercializadora e instaladora.