Skip to main content
Viveiro

Por Viveiro pregunta polos camiños seguros e pola praciña da Herba

Por 2 Marzo, 2024Sin comentarios

O grupo Por Viveiro levará ao próximo Pleno dous rogos. No primeiro pedirá unha explicación sobre os motivos da instalación duns valos na Praciña da Herba, da función cumpren e de se ten previsto proceder a retirada dos mesmos.

Afirman que os valos instaláronse no verán do ano 2022.

Ademais, tamén pedirán explicacións polas xestións realizadas e polo prazo se marca para a implantación das rutas de Camiños escolares seguros para o Ceip Lois Tobío.

Explican que no pleno do 4 de outubro de 2023 Por Viveiro presentou un rogo no que preguntaron si o equipo de goberno seguía a considerar positiva a implantación das rutas de Camiños escolares seguros para o Ceip Lois Tobío e de ser así, que prazos se marcaba para a súa posta en funcionamento.

A contestación da alcaldesa foi que consideraba positiva a iniciativa da asociación Anaca e da Anpa do devandito colexio, e que estaba prevista a presentación publica para o día 6 de outubro. “A día de hoxe, xa no mes de marzo, a implantación da iniciativa segue pendente”.