Skip to main content
Viveiro

Remataron os arranxos dos danos causados polos temporais no pavillón municipal e o campo de fútbol do Cembedo, de Viveiro

Por 25 Marzo, 2024Sin comentarios

Remataron os traballos para arranxar os danos causados polos temporais do inverno no pavillón municipal e o campo de fútbol do Cembedo.

“Foi un inverno duro, cunha situación meteorolóxica que provocou danos nas instalacións deportivas”, explica o concelleiro de Deportes, Eleazar Rodríguez.

“Fixemos todo o posible para axilizar as reparacións, pero nestes casos é necesario primeiro que os técnicos procedan a evaluar as avarías, para posteriormente adxudicar os traballos e realizalos”, engade o concelleiro de Deportes.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, incide en que “as tarefas tiveron algunha demora porque o temporal afectou a toda a Mariña e as empresas tiñan moita demanda, pero as instalacións xa recuperaron a normalidade”.

Eleazar Rodríguez pide “desculpas polas molestias ocasionadas”, amosando a súa satisfacción polo remate das actuacións.