Skip to main content
Antas de Ulla

Rematadas as obras de mellorar a accesibilidade do edificio da Casa Consistorial de Antas de Ulla

Por 26 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Antas de Ulla rematou unhas obras para mellorar a accesibilidade do edificio da Casa Consistorial, dándolle así un mellor servizo aos veciños e veciñas.

O Concello contra agora cun novo ascensor, baños adaptados a persoas con mobilidade reducida e unha porta con cristal de acceso, mellorando así a eficiencia enerxética das instalacións.

“Unhas actuacións coas que melloramos a casa de todos veciños e veciñas, impulsando a accesibilidade e a comodidade das instalacións”, explica a alcaldesa, Pilar García Porto.

Para realizar os traballos, o concello obtivo unha subvención da Xunta de Galicia con fondos europeos destinada “a concellos e mancomunidades para actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal”.