Skip to main content
Castroverde

Castroverde rende culto ás tapas coa segunda edición do seu concurso

Por 4 Marzo, 2024Sin comentarios

O municipio de Castroverde gozou esta fin de semana de tres xornadas gastronómicas. Dende o venres, a vila celebrou con éxito a segunda edición do seu concurso de tapas, que puxo en marcha un ano máis o Concello.  As tapas variadas foron as protagonistas desta cita que conseguiu aglutinar a un bo número de asistentes, entre veciños e visitantes.

Nesta edición participan cinco locais de hostalería que ofreceron as súas mellores apostas gastronómicas. A Lenda presentou a súa tapa Éche o que hai, O Camiño participa con Antoxo do mar e O Pendello de Moisés ofrecerá o seu prato As boas costumes. Tamén participan no certame Roma coa tapa Coliseo e Taberna Senador con Airiños do mar. Os clientes foron os encargados de votar as súas favoritas. Nos vindeiros días terá lugar a apertura das urnas para ver o resultado das puntuacións e realizar o sorteo dos premios para o público consumidor.