Skip to main content
Castroverde

Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza unha visita cultural por Lugo

Por 2 Marzo, 2024Sin comentarios

A asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, como parte da súa programación para estes meses, organiza o vindeiro sábado 9 de marzo unha visita de tipo cultural pola cidade de Lugo. Os membros do colectivo están citados diante do Mitreo, ao lado da Porta Santiago, ás 10.00 horas.

Durante a mañá, visitarán o conxunto do Mitreo e as instalacións do Museo Provincial, entre elas a cociña e o claustro, as salas de salas de epigrafía e arqueoloxía, así coma as colección de arte galega e de artistas lucenses. Despois do xantar, continúa a visita pola Catedral e o seu museo. Dende o grupo piden a máxima puntualidade e que se comunique a asistencia para saber o número de persoas, antes do día 3 de marzo, por motivo de organización.

O límite son 25 prazas. A actividade e o xantar ten un custo de 30 euros. O colectivo leva preto de dúas décadas defendendo a posta en valor do patrimonio cultural, etnográfico e inmaterial do concello de Castroverde.