Skip to main content
Castroverde

As asociacións culturais, deportivas e veciñais de Castroverde xa poden solicitar as subvencións

Por 8 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Castroverde abre o prazo para solicitar as subvencións destinadas a asociacións culturais, deportivas e veciñais que realizan as súas actividades no municipio. As solicitudes poden presentarse ata o vindeiro xoves 4 de abril. No ámbito cultural e deportivo, preténdese subvencionar áreas relacionadas coa cultura, a música, o deporte, a educación, a mocidade, a terceira idade, o turismo social e o medio ambiente.

Poderanas solicitar as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, asociacións, as comunidades de bens ou calquera outra unidade económica ou patrimonio separado que, aínda non tendo personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos. As entidades deben estar domiciliadas no municipio, carecer de ánimo de lucro e ter os gastos xustificados. A contía máxima é de 15.900 euros.

No caso dos colectivos veciñais, o diñeiro concederase para a execución de pequenos abastecementos de auga potable, saneamentos, pavimentacións, rede de sumidoiros, acondicionamento de camiños rurais, arranxo e acondicionamento de capelas, acondicionamento de fontes e arranxo de locais sociais, así como pequenas infraestruturas deportivas.

Os grupos non poden ter ánimo de lucro, deben desenvolver a súa actividade e solicitar a subvención para a execución das obras no municipio de Castroverde, estar ó corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non presentar ningunha causa de prohibición de percepción de subvencións públicas. A contía máxima será de 14.600 euros. En ambos casos, as agrupacións sen personalidade xurídica deberán nomear un representante para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Os interesados poden consultar as bases na web.