Skip to main content
Castroverde

A comisión de festas de Castroverde organiza unha cea baile este sábado

Por 16 Marzo, 2024Sin comentarios

A comisión de festas de Castroverde prepara para este sábado unha cea baile. A cita comezará ás 22.00 horas no pavillón do concello. A xornada estará amenizada por un DJ e haberá sorteos e servizo de barra.

O menú componse de empanada de liscos, callos, lacón con patacas, tarta de Santiago, bebidas e café. As entradas, que teñen un prezo de 35 euros, xa están á venda en A Lenda, Bar Pereira, Roma e O Camiño.