Skip to main content
Castroverde

O Concello de Castroverde achega métodos caseiros contra a vespa velutina

Por 23 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Castroverde informe no seu último bando dalgúns métodos caseiros para facer o trampeo contra a vespa velutina meses de marzo, abril e maio, o mellor momento de captura a vespa reina e evitar que forme niño.

O alcalde anima a veciñanza a reutilizar as tramapas que repartiu o Goberno local o ano pasado ou senón facer unha nova. Para elaborala precísase unha ou dúas botellas de plástico, poñer dentro o líquido para atrapalas que tamén se pode facer mesturando a mesma cantidade de auga que de viño e cervexa e engadirlle azucre. Ademais, no Concello dispoñen dalgún sobre de líquido que os veciños poden recoller de maneira gratuíta e que repartirán ata esgotar existencias.