Skip to main content
Castroverde

Castroverde homenaxea aos avós do concello coa décimo cuarta edición da súa festa

Por 25 Marzo, 2024Sin comentarios

Este domingo, o Concello de Castroverde organizou a Festa Homenaxe ós nosos avós, que este ano chegaba a súa décimo cuarta edición. A cita xuntou a decenas de veciños e veciños do municipio, ofrecendo un programa a base de música, baile e gastronomía.

O programa comezou ás 12.45 coa recepción de todos os asistentes na praza do Concello. A partir das 13.00 horas tivo lugar unha misa na igrexa parroquial e a xornada continuou cun xantar no pavillón municipal A Ferrería, na que poderon gozar de música e baile.