Skip to main content
Castroverde

CCOO alerta da indefensión das auxiliares do SAF tras a falsa acusación a unha traballadora en Castroverde

Por 27 Marzo, 2024Sin comentarios

CCOO alerta da indefensión das auxiliares do SAF antes as últimas acusacións falsas de usuarios e usuarias ou entorno familiar e lamenta a desprotección de empresas e administración e a falta de formación e información ás familias. Para eles, o último caso acontecido en Castroverde súmase o longo goteo de falsas acusacións de roubo por parte de usuarios, en moitas ocasións motivados polas enfermidades que padecen.

“Son xa moitos os casos onde as auxiliares son acusadas de roubos dentro dos domicilios e acaban sendo retiradas as denuncias cando as familias atopan os cartos ou obxectos”, aseguran. Para eles as administracións deben alertar das características de certas enfermidades, que en ocasións CCOO alerta da indefensión das auxiliares do SAF antes as últimas acusacións falsas “fan que usuarios acusen a traballadoras ou familiares de apropiarse de cartos e obxectos”.

Esta formación e información evitaría denuncias por parte de familiares, sin fundamento, nin probas. Dende CCOO Hábitat Galicia solicitase a máxima rigorosidade por parte das empresas, administracións, e medios de comunicación. No último caso acontecido en Castroverde anunciaron que foi a traballadora social do concello, marcando a unha traballadora, aínda que rapidamente o propio Concello saíu desmentilo. “O certo é que aclarado o tema, acusase a unha auxiliar de axuda no fogar”.

Retírase a denuncia

O Concello de Castroverde acaba de anunciar que apareceron os cartos no propio domicilio e a familia retirou a denuncia, pero en ningún momento se piden as mínimas desculpas nin se repara o dano causado a auxiliar falsamente acusada. O sindicato apoiou e asesorou dende o primeiro momento a auxiliar afectada, dando apoio xurídico, aínda que consideran que ante o aumento de falsas denuncias, deben ser as propias empresas as que teñan un gabinete de defensa das súas traballadoras.

Deste xeito, consideran inadmisible que as empresas non defendan as súas traballadoras, que teñen que soportar gastos de avogados e procuradores ó ser procesos penais, sen que ninguén lles de apoio. Ademais, solicitarán ao Concello de Castroverde que, tal e como emitiu comunicado para desmentir que a investigada fose a traballadora social do municipio, emita un comunicado para anunciar a retirada da denuncia e a falsidade dos feitos imputados á auxiliar de axuda no fogar.