Skip to main content
Castroverde

O GDR outórgalle 200.000 euros ao Concello de Castroverde para ampliar o centro multiusos

Por 28 Marzo, 2024Sin comentarios

O GDR Comarca de Lugo foi beneficiario dunha ampliación de fondos para poder outorgar novas axudas da convocatoria 2022/2023 dos proxectos que quedaron en lista de agarda. Un dos beneficiarios desta ampliación é o Concello de Castroverde, o cal xa tiña unha axuda concedida de 56.800,41 euros e desta forma poderá optar a completar a axuda máxima que se otorga por parte do GDR, 200.000 euros, correspondente ao acondicionamento e ampliación do centro multiusos de dito Concello.

Trátase dun proxecto non produtivo, xa que ten un interese público e colectivo e non supón o desenvolvemento dunha actividade económica con finalidade lucrativa. A edificación consta cun espazo principal dun gran local, de máis de 200 metros cadrados de superficie útil, que permitirá albergar numerosos actos para os que anteriormente non existía espazo adecuado no concello.

Así mesmo, acondicionáronse outros locais para asociacións, tamén unha biblioteca municipal, unha sala de lectura e diversos almacéns de apoio. Instaláronse tamén uns aseos e un ascensor de comunicación de ambas plantas. Segundo o presidente do GDR e alcalde de Friol, José Angel Santos, o obxectivo desta actuación é o de servir de espazo de realización das distintas actividades culturais que organiza tanto o Concello como as distintas asociacións, para dar servizo a toda a poboación de Castroverde.