Skip to main content
Lugo

Xuventude pon en marcha un obradoiro sobre a mala xestión dos recursos naturais

Por 4 Marzo, 2024Sin comentarios

A Área de Xuventude pon en marcha o obradoiro Dereito Humano á Auga. A mala xestión dos recursos naturais, que comezará o vindeiro venres 8 na Casa da Xuventude. Trátase dunha proposta impartida pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social​ con prazas limitadas.

A iniciativa terá lugar o día 8 de 19.00 a 20.30 e sábado 9 e domingo 10 de marzo de 10.00 a 11.30 horas. As inscricións xa se poden realizar a través da web. O coidado do medio ambiente, a saúde persoal  e a aposta por incentivar o pensamento crítico son os principais eixes vertebradores do novo programa dirixido á mocidade lucense, de entre 14 e 35 anos, para os meses de febreiro e marzo e o segundo trimestre do ano.

A programación inclúe máis dunha ducia de iniciativas, totalmente gratuítas, nas que poderán participar un total de 468 mozos e mozas do municipio. “O obxectivo deste completo programa é ofertar á nosa mocidade unha serie de actividades lúdicas cun forte compoñente enriquecedor vinculado á saúde persoal, o autocuidado e a relación co medioambiente como eixos prioritarios”, explicou o concelleiro Jorge Bustos.