Skip to main content
Lugo

A situación da Protectora de Lugo continúa a enfrontar ao PP contra o Goberno municipal

Por 1 Marzo, 2024Sin comentarios

A situación da Protectora converteuse nunha cuestión clave no último pleno municipal. O Partido Popular afea ao BNG que optase por apoiar ao seu socio de goberno en lugar de dar solución a un problema que leva moitos anos enquistado. “O BNG vota en contra da proposición presentada polo PP sobre a protectora de animais a pesar de ter votado a favor o mesmo texto na Deputación Provincial”, recordan dende o grupo municipal.

Deste xeito, os populares pregúntase que leva ao grupo do BNG a votar en diferente sentido en cada unha das administracións locais nas que este grupo presentou a mesma proposición. “Cando o Partido Popular presenta unha iniciativa que busca solucionar o problema da protectora, enquistado dende hai anos, o BNG que na Deputación considerou oportuno apoiar esta iniciativa, no Concello opta por votar en contra para manterse no sillón do goberno”.

Denuncian, deste xeito, que coa actitude do BNG amósa “que empregan á Xunta como un ariete cando lles interesa atopar un culpable para os problemas da cidade”. Sinalan que o grupo municipal presentaba hoxe unha iniciativas para impulsar de xeito urxente un proxecto de regularización e ampliación coa implicación de todas as administracións, amosando a dispoñibilidade da Xunta de Galicia a asumir parte dun proxecto que se encadra dentro das competencias municipais.

Queren buscar unha solución á situación actual da protectora, para garantir unha maior capacidade de acollida, así como unhas instalacións e medios dignos para o día a día dos animais. “O pleno de hoxe evidencia unha vez máis que o PSOE unicamente pensa no PSOE e ignora o seu compromiso coa veciñanza da cidade de Lugo”.