Skip to main content
Lugo

O pleno municipal non deixa avanzar o proxecto da praia fluvial de Lugo

Por 1 Marzo, 2024Marzo 2nd, 2024Sin comentarios

A praia fluvial continúa a ser unha das cuestións clave na cidade, como así se demostrou no pleno municipal desde martes celebrado no Concello de Lugo. Durante a sesión, Miguel Fernández, voceiro do Goberno local, asegurou que seguirán pelexando porque “a zona de baño sexa unha realidade”, pero que se trata dunha actuación para a que precisan a colaboración da Xunta de Galicia.

“A solución é que a administración que na práctica impide a instalación nos diga se é viable ou non nesa localización”, continuou Fernández. Pola súa parte, Elena Candia, líder do grupo municipal do Partido Popular, asegurou que para que a praia fluvial se leve a cabo é importante que traballen a Xunta, a Confederación, e Concello  de maneira conxunta e acusa ao Goberno local de votar en contra do traballo conxunto destas institucións e así avanzar no proxecto.

Os populares propoñían, a través dunha emenda, que as distintas administracións con potestade sobre a conca fluvial traballaran conxuntamente para buscar a alternativa máis viable para que a cidade dispoña de zona de baño público. A voceira popular, Elena Candia, considera “inexplicables os argumentos do Goberno local para xustificar o seu voto” e cre que con esta acción “xustifican que só lles interesa para debate político”. A popular subliña que “ignoran o informe da Unesco”, que conclúe que “se pode poñer en risco a continuidade das distincións especiais da Unesco que atesoura o Concello de Lugo”.