Skip to main content
Lugo

Lugo, epicentro do mus nacional coa celebración do campionato que reúne a máis de 400 xogadores

Por 2 Marzo, 2024Marzo 3rd, 2024Sin comentarios

Máis de 400 xogadores de toda España participarán esta fin de semana en Lugo no II Campionato Nacional de Mus por equipos. Trátase da  segunda edición deste torneo que reunirá a 34 equipos procedentes de diversas provincias como Asturias, Segovia, Madrid, Ourense, A Coruña, Lugo, Pontevedra, León, Navarra, Biscaia, Álava e Cantabria.

A cidade convértese durante tres días no epicentro do mus nacional, acollendo un campionato que reunirá a un importante número de afeccionados e xogadores deste tradicional xogo de cartas. A rexedora, Paula Alvarellos, quixo agradecer aos organizadores por Lugo para albergar a segunda edición do, “que de seguro superará o éxito da primeira, consolidando este campionato como unha cita ineludible para os afeccionados a este xogo”.

O evento supón unha boa repercusión económica especialmente para o sector da hostalería: bares, restaurantes, hoteis, e o comercio, así como do transporte de pasaxeiros. A competición, organizada pola Federación Española de Asociacións de Mus, comezou este venres, a partir das 20.00 horas, no Hotel Mendez Nuñez e prolongarase ata o domingo. Desenvolverase baixo un sistema de 3 ceros, proporcionando unha emocionante dinámica de xogo que garante intensas xornadas de Mus. Os equipos que queden eliminados terán a oportunidade de seguir competindo nunha fase de parellas ao KO, asegurando así que o espírito competitivo se manteña vivo durante toda a fin de semana.

“Este evento non é só unha competición; é unha celebración do Mus, un deporte que combina estratexia, psicoloxía e, por suposto, un bo ambiente entre os participantes”, explicaron os representantes da organización. O campionato en Lugo ten un valor engadido este ano, xa que entre os premios para outorgar inclúense prazas para o Campionato de España de Mus que se celebrará en Ponferrada en setembro deste ano.