Skip to main content
Lugo

Cántigas e Frores abre o prazo de matrícula para a 41 edición do seu curso de cultura tradicional

Por 4 Marzo, 2024Sin comentarios

A asociación Cántigas e Frores abre o prazo de matrícula para o 41º curso de cultura tradicional, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de marzo. Trátase dunha proposta na que os participantes aprenderán baile, percursión, canto e tamén a tocar a gaita.

O prezo da matrícula é de 55 euros para os socios de Cántigas e Frores e da asociación de Gaiteiras Galegas e de 65 euros para os que non sexan membro. David Bellas impartirá gaita; Miguel Sotelo, baile; Ramòn Dopico, percursión e Gabi Reboredo será o encargado das clases de canto.

As inscricións pódense realizar a través do correo cantigasefrores1948@gmail.com e aportando nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade. A contía deberase ingresar na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419. Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649 421 507.