Skip to main content
Lugo

Continúa pechado o tramo do paseo do Miño entre o balneario e a ponte branca por inundación

Por 4 Marzo, 2024Marzo 5th, 2024Sin comentarios

O Concello de Lugo mantén pechado por inundación o tramo do paseo do río Miño entre o Balneario e o acceso ao antigo restaurante O Muíño, desde a ponte branca. A pesar de que o nivel do leito fluvial ao seu paso polo municipio segue en descenso, mantense o nivel de prealerta.

Ademais, efectivos municipais manteñen en observación o tramo de acceso ao balneario dende a ponte romana en previsión de que poida aumentar o caudal ao continuar chovendo. Neste senso, dende o Goberno local recomendase precaución e evitar as zonas próximas ao leito do río.