Skip to main content
Lugo

Teatro Ghazafelhos representa ‘Lúa’ no MIHL, que achega aos máis cativos valores como a tolerancia

Por 6 Marzo, 2024Sin comentarios

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acolle este xoves a partir das 18.00 horas o espectáculo familiar de Teatro Ghazafelhos, Lúa. Da man de Lúa, o público percorrerá o mundo dos maiores cos ollos da infancia. Descubrirán a importancia da tolerancia e de abrir as fronteiras no país das pernas e o país dos brazos.

A través da obra, que está recomendada a partir dos 5 anos, tamén se aprenderá a compartir no país da choiva; a levantar a vista e apreciar o mundo que nos rodea no país dos espellos; a vivir en paz e non usar a violencia no país da guerra…

As entradas, que son de balde, xa poden adquirise a través da web. As persoas adultas que acompañen aos nenos e nenas aos contacontos terán que retirar tamén entrada. Para dar preferencia ao público infantil, permitirase só un acompañante adulto por unidade familiar e entregaranse un máximo de tres entradas por persoa.