Skip to main content
Lugo

Nacho Samena achega ao MIHL o espectáculo co que mestura a maxia e a lectura

Por 13 Marzo, 2024Sin comentarios

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acolle este xoves a partir das 18.00 horas o espectáculo familiar de Nacho Samena. En Samenízate, Nacho comeza a prender maxia a través de libros nos que se explica os segredos do ilusionismo. O público poderá ver como, cun ritmo frenético, ocorren cousas imposibles con obxectos cotiáns. Unha mostra, recomendada para nenos e nenas a partir de 6 anos, sobre todo o que se pode aprender a facer grazas á lectura.

As entradas, que son de balde, xa poden adquirise a través da web. As persoas adultas que acompañen aos nenos e nenas aos contacontos terán que retirar tamén entrada. Para dar preferencia ao público infantil, permitirase só un acompañante adulto por unidade familiar e entregaranse un máximo de tres entradas por persoa.