Skip to main content
Lugo

Palimoco Teatro organiza a súa proposta ‘Quen ocupa esa cadeira?’ este domingo no Museo de Lugo

Por 9 Marzo, 2024Sin comentarios

Este domingo 10 de marzo, a partir das 13.30, o Museo Provincial de Lugo acolle a actividade Quen ocupa esa cadeira? Especial Mulleres, da Escola Palimoco Teatro Danza. Trátase dunha iniciativa deseñada para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Os membros da compañía explicarán a través desta proposta o percorrido de importantes mulleres da nosa historia, co obxectivo de concienciar á cidadanía sobre o seu papel na nosa sociedade.