Skip to main content
Lugo

As Espigadoras de Portomarín organizan un obradoiro para aprender a enxertar froiteiras

Por 11 Marzo, 2024Sin comentarios

A asociación As Espigadoras de Portomarín pon en marcha unha nova serie de actividades en Caborrecelle. O domingo 17 de marzo organizan un obradoiro de enxerto de froiteiras no que os participantes aprenderán a enxertar con diferentes técnicas sobre patrón.

Os interesados en participar poden confirmar a súa asistencia a través do correo asespigadoras@gmail.com ou do 659 286 528. As Espigadoras é unha asociación sen ánimo de lucro que pretende apoiar e difundir a artesanía, os saberes tradicionais e os coñecementos sobre a terra, as plantas e os seus usos, vinculados ao medio rural galego, pola custodia do territorio e cun enfoque de xénero.