Skip to main content
Lugo

Lugo homenaxea a Oliva Rodríguez e Fina Seijas, que forman parte da historia da Praza de Abastos

Por 8 Marzo, 2024Sin comentarios

No 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, a cidade homenaxeu a dúas mulleres presentes na Praza de Abastos e no Mercado Tradicional. Rubén Arroxo, xunto coas concelleiras e concelleiros da área de Participación e Servizos para a Veciñanza, asistiu ao acto de lembranza destas dúas mulleres que forman parte da historia da Praza e do Mercado.

A área de Participación recoñece o labor de Oliva Rodríguez Rodríguez, de 85 anos, que leva asistindo ao Mercado Tradicional dos martes e venres desde hai máis de 50 anos, case sen faltar ningún día, e a Fina Seijas Novo, de 69 anos e que leva 35 anos atendendo á veciñanza de Lugo nunha das carnicerías da Praza de Abastos, actividade que continúa a desenvolver a súa familia.

Cristina López destacou o seu esforzo destas dúas mulleres ao longo dos anos, “que axudaron a que o Mercado e a Praza de Abastos de Lugo sexan actualmente dous espazos de gran importancia para a veciñanza”.