Skip to main content
Lugo

A Deputación acolleu o 16º Encontro da Muller Xorda de Galicia

Por 9 Marzo, 2024Sin comentarios

A deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira, participou no 16º Encontro da Muller Xorda de Galicia que impulsou ASORLU. Unha iniciativa que cualificou como “un exemplo dos moitos rostros que adopta a loita pola igualdade e os dereitos das mulleres nesta semana do 8 de Marzo”.

“Cando falamos de igualdade, de teitos de cristal ou de loita contra a violencia machista, debemos ter sempre en mente o xeito en que estas situacións se agravan aínda máis no caso de persoas con diversidade funcional”, explicou Morandeira. Nese sentido, agradeceu o gran labor que vén desenvolvendo ASORLU, tanto na integración social e laboral das persoas xordas e na súa formación, como na difusión ao conxunto da sociedade das necesidades específicas das persoas xordas. Dixo que é “unha aposta permanente pola plena inclusión e pola garantía de que poden exercer os seus dereitos plenos como cidadás”.

En igualdade, comentou Morandeira, “temos moito camiño que percorrer, e debemos percorrelo atendendo sempre a todas as circunstancias que condicionan a vida das mulleres. Como a idade ou o feito de residir no rural, a diversidade funcional introduce dificultades específicas no camiño cara a plena igualdade, e é imprescindible que como sociedade as teñamos presentes todos os días do ano”.