Skip to main content
Lugo

Maite Ferreiro anuncia a apertura do prazo de matrícula nas escolas infantís de Lugo

A concelleira Maite Ferreiro anunciou a apertura do prazo de matrícula nas escolas infantís municipais, dicindo que “continuamos a traballar para ofertar o mellor servizo nas Escolas Infantís, iniciando o procedemento de matrícula para o vindeiro curso”.

As familias interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 3 de abril, a través da sede electrónica ou no rexistro presencial, solicitando cita previa a través do formulario habilitado na web do Concello de Lugo.

Unha vez finalizado o prazo de presentación das solicitudes procederase á publicación das listaxes de solicitudes admitidas, admitidas con falta de documentación e desestimadas neste procedemento, xuntamente coa causa de desestimación, habilitándose un prazo para solucionar os erros, antes de realizar a adxudicación definitiva de prazas.