Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo presenta ante a Valedora do Pobo unha queixa pola “falla de transparencia no Concello”

Por 11 Marzo, 2024Sin comentarios

O PP presentou na oficina da Valedora do Pobo a queixa pola falla de transparencia no Concello de Lugo. Enrique Rozas López e Silvia Colmenero, en nome do Grupo Municipal do PP de Lugo, rexistraron a crítica polas trabas que o “Goberno local  pon, de forma reiterada, á hora de fiscalizar o traballo do Goberno”.

Os populares solicitan o amparo de María Dolores Fernández Valiño logo de que PSOE e BNG “impedisen” aos edís populares entrar no novo auditorio de Magoi, unha infraestrutura que sigue pechada ao público e á que lles vetan o acceso.

Deste xeito, no escrito sinalan que o Concello está a actuar de xeito “inxusto con pleno coñecemento da obstaculización que levan a cabo e escusándose nos funcionarios municipais, tratando de eludir a responsabilidade das decisións das que debe ser a alcaldía quen dea as oportunas explicacións polo silencio administrativo”. Un silencio ao que aseguran que se acollen “de xeito recorrente ou por erros humano  que envían os documentos rexistrados a dependencias que non corresponden, sen que a área destinataria detecte o erro e o remita á área correcta”.