Skip to main content
Lugo

O Vello Cárcere celebra o Día do Pai cunha sesión de contacontos

Por 15 Marzo, 2024Sin comentarios

O vindeiro 19 de marzo celébrase o Día do Pai, polo que dende o Espazo de Lecer do Vello Cárecere queren brindar unha homenaxe ás figuras paternas coa lectura do libro Papá. Un heroe, un mito, unha lenda de Mifflin Lowe. A actividade desenvolverase este sábado 16 de 11.00 a 12.30 horas e está dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos.

Cóntase cun total de 15 prazas, polo que os interesados xa poden inscribirse a través do correo vellocarcere@lugo.gal. No tempo restante, os participantes poderán ler, debuxar ou xogar no Espazo de Lecer. A programación para os máis cativos continúa o domingo coa organización do obradoiro Cousiñas xeitosas, en horario de mañá, que pretende achegar a importancia da reciclaxe aos máis pequenos.