Skip to main content
Lugo

Lugo, referente para o sector veterinario cun curso sobre as funcións dos profesionais nas ganderías

Por 12 Marzo, 2024Marzo 13th, 2024Sin comentarios

O Colexio Oficial de Veterinarios desenvolverá do 15 ao 26 de abril un curso sobre as funcións do veterinario de explotación en ganderías bovinas, porcinas e avícolas, coa colaboración de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O curso desenvolverase os venres, do 15 de marzo ao 26 de abril, na Facultade de Veterinaria cun programa orientado ao cumprimento das funcións de supervisión e asesoramento que deberán desenvolver estes profesionais no ámbito das granxas, coa elaboración de plans sanitarios, de benestar animal, de xestión ambiental ou de uso de antibióticos.

Rural da Vicepresidencia da Deputación mantén unha colaboración anual do Colexio Oficial de Veterinarios, contribuíndo á formación continúa destes profesionais fundamentais para a actividade gandeira. A achega da área provincial financia a participación no curso de profesionais lucenses.

A formación destes profesionais facilita que as ganderías conten “co asesoramento preciso para cumprir coa normativa vixente e previr a aparición de enfermidades ou situacións que afecten ao benestar dos animais e á rendibilidade das granxas”, explicou o deputado Daniel García. Deste xeito, a cidade convértese nun “lugar de referencia para profesionais e entidades que traballan, desde distintos ámbitos, na profesionalización e no asesoramento do sector”.