Skip to main content
Lugo

Os PP de Lugo acusa ao BNG de “hipocresía” por reivindicar investimentos no tren

Por 14 Marzo, 2024Sin comentarios

O vicevoceiro popular, Enrique Rozas, asegura que o BNG perdeu unha oportunidade de apoiar os orzamento, que si tiñan partidas para o tren, e que tampouco foi quen de negociar con Sánchez estes investimentos cando o fixeron Presidente do Goberno de España.

Rozas acusounos tamén de falta de coherencia: “Teñen que ter claro que camiño escollen o da reclamación ou o do apoio a Sánchez, aquí non valen as medias tintas, estanse facendo oposición a eles mesmos e bloqueando e discriminando á provincia de Lugo”. Para os populares os nacionalistas nin saben defender a Lugo, nin teñen memoria do que fixo o seu grupo. “Levan apoiando a Sánchez dende a súa investidura e este os ningunea sen recoller sistematicamente as súas propostas”.

Enrique Rozas conclúe que algunhas roldas de prensa “só lle valen para intentar lavar a conciencia, porque saben que son un dos grupos políticos que co seu apoio contribúen a que a nosa provincia siga sendo a peor comunicada de toda España”.