Skip to main content
Lugo

Continúa o obradoiro de ritmos latinos da Asociación de Rioplatenses de Lugo

Por 27 Marzo, 2024Sin comentarios

A Asociación Rioplatenses de Lugo continúa co seu obradoiro aberto de ritmos latinos Cultivando ritmo e sabor da man das profesoras Madelyn e Mariam. Trátase dunha actividade gratuíta que finalizará o venres 29 de marzo. A proposta impartirase na Casa María Mariño, na rúa Monte Faro, entre as 18.00 e as 19.00 horas.

A proposta súmase ás iniciativas postas en marcha polo colectivo na cidade de Lugo, entre as que se atopan a presentación do novo libro do autor Alejandro Vaghetti Jou ou a visita da apalpadora.