Skip to main content
Lugo

Ana Vallés impartirá un obradoiro de creación escénica en Lugo

Por 20 Marzo, 2024Marzo 21st, 2024Sin comentarios

A Área de Cultura da USC mantén aberta a inscrición para participar no taller de creación escénica que impartirá os días 20 e 21 de abril Ana Vallés nas instalacións da Aula de Teatro na Facultade de Veterinaria de Lugo, así como no programa de intervencións escénicas en escaparates comerciais do casco histórico de Lugo ‘escaparArte’, outra acción complementaria do XXX Festival de Teatro Universitario, que se celebrará o 13 de abril, en quenda de 18.00 a 20.00 horas.

As persoas interesadas en participar no curso de creación escénica poden formalizar a súa inscrición en liña ata o 11 de abril a través dos enderezos de correo electrónico cultura.lugo@usc.es . Asemade, A Área de Cultura da USC mantén aberto ata o día 1 de abril o prazo de presentación de candidaturas para participar na iniciativa ‘escaparARTE’, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan a USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

Concibida como unha iniciativa participativa que propón intervencións artísticas en diversos escaparates do casco histórico da cidade de Lugo. As persoas interesadas en participar en ‘escaparArte’ pode solicitar información e facer chegar as súas propostas a través do enderezo de correo electrónico escapararte@usc.es.