Skip to main content
Lugo

O PP propón retirar a valla do auditorio de Magoi para que os lucenses gañen espazo público

Por 16 Marzo, 2024Sin comentarios

O PP propón retirar a valla perimetral do auditorio de Magoi unha vez que o Goberno local recoñece que non está listo para abrir. “Mentres non podemos desfrutar do seu interior pedimos que se abra todo o espazo que rodea o recinto do auditorio para que os lucenses gañen zonas para uso público”, explica a concelleira popular Silvia Colmenero

Deste xeito, presenta un rogo á comisión sobre esta cuestión logo da afirmación da alcaldesa, no pleno de decembro, na que ratificaba que a dotación estaba preparada para a súa apertura. “Neste momento a valla, en estado precario nalgúns puntos, provoca unha sensación de abandono xa que hai tramos en mal estado e con oxido e dado que en días pasados tamén se procedeu á limpeza da maleza non hai ningún motivo que impida que se leve a cabo esta petición.

A concelleira popular tamén reclamou información sobre si ten o Concello rexistradas as instalacións afectadas por regulamentos de seguridade industrial, tales como a baixa tensión, os aparellos de elevación e a protección activa contra incendios do novo auditorio. Para os populares é “preocupante que vaiamos camiño dos 46 meses dende que PSOE e BNG, son os propietarios do auditorio de Magoi, sen que ningún dos dous partidos se pronuncien sobre cal vai ser o modelo de xestión e o seu contido”

Silvia Colmenero tamén recriminou que o Goberno local siga sen responder á petición que o Grupo Popular cursou ata en tres ocasión para acceder ao edificio con data do 10 de xaneiro, 14 e febreiro e o de 4 de marzo.