Skip to main content
Lugo

O grupo punk rock Bala chega a Lugo como parte do ciclo Lubicán

Por 25 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

Ata o mes de abril, estase a desenvolver na cidade a nova edición do ciclo Lubicán, programa co que se pretende achegar ao público lucense a música de grupos galegos con diferentes estilos. O vindeiro martes 3 de abril é a quenda das galegas Bala que actuarán na Praza Santa María ou en caso de choiva no auditorio da Facultade de Veterinaria a partir das 20.30 horas.

O grupo leva máis dun lustro facéndose o seu oco no panorama musical. A coruñesa Ánxela Baltar e a lucense Violeta Mosquera convertéronse en toda unha sensación do xénero punk rock. Galegas de nacemento, as dúas mozas marcaron o seu estilo ao ritmo da guitarra eléctrica e a batería.

As compoñentes xa tiñan experiencia en grupos como Calixta, Drama, Salvation Army e MLK antes de fundar a banda no ano 2014. No 2015 publicaron o seu traballo de estrea, un álbum de sete temas chamado Human Flesh, gravado na Coruña. En marzo de 2017 editaron o seu segundo disco, Lume, gravado en Cataluña. Tras o lanzamento de Maleza, iniciaron unha xira que se estendeu ata 2023. Nese ano gravaron o que será o seu cuarto álbum. O primeiro sinxelo do novo traballo, Prisas, apareceu en novembro de 2023.