Skip to main content
Lugo

Iria Estévez actúa no cemiterio municipal como parte da programación cultural

Por 17 Marzo, 2024Sin comentarios

A lucense Iria Estévez ofreceu un concerto da música no cemiterio municipal, coincidindo coa celebración do Día do Pai. O espazo acolle  unha gran cantidade de actividades culturais ao longo do ano, especialmente en días sinalados, como o Día do Pai, “onde se recibe un maior número de visitas”, asegurou a concelleira de Participación, Cristina López.

A programación estenderase ata o mes de xuño, “achegando un ano máis unha serie de actividades diversas coas que agardamos que toda a veciñanza se achegue e coñeza o noso cemiterio”.  As representacións teatrais continuarán o día 14 de abril con Mallo, Asorey e os seus anxos, o día 12 de maio con Escoitando aos escritores/as, e rematarán o 9 de xuño coa obra Da Negra Sombra a Sabeliña.

Ademais, tamén se pode visitar todas as fins de semana e festivos as exposicións dispoñibles, tanto a permanente na que se pode percorrer a historia dos enterramentos dende a época romana, como a exposición Memoria Viva na que se recollen as distintas actividades culturais que se desenvolven ao longo do ano no Cemiterio. Por outra banda, ofrécense visitas guiadas para escolares polas instalacións do cemiterio, co fin de coñecer toda a historia que alí se garda.  Para obter máis información existe un correo electrónico a disposición dos centros educativos interesados: cemiterio@lugo.gal.

López anunciou horarios especiais de apertura para as xornadas de maior afluencia, cun horario ininterrumpido entre as 09.30 e as 19.00, que se aplicará os días 17 de marzo, 5 de maio, 26, 27, 28, 29, 30 e 31 de outubro e 1 de novembro. O horario habitual da instalación é de 09.30 a 14.30 de luns a sábado e de 09.30 a 14.30 os domingos.