Skip to main content
Lugo

A depuradora e a potabilizadora de Lugo abren as súas portas a un milleiro de escolares

Por 20 Marzo, 2024Sin comentarios

O Goberno local e Gestagua abren as portas da depuradora e a potabilizadora, as dúas instalacións de xestión do ciclo integral da auga más importantes da cidade, a estudantes de primaria e secundaria con motivo do Día Mundial da Auga, que se conmemora o 22 de marzo dende 1992. As visitas prolongaranse durante o resto do curso, hasta o mes de xuño, estando xa programadas as de preto de 800 estudantes e agardando chegar aos 1.000.

Aproveitando o Día da Auga, efeméride proclamada por Nacións Unidas para concienciar sobre a importancia de preservar a auga e garantir o acceso universal a este recurso esencial, o Concello e Gestagua poñen en marcha esta actividade, que se relanza tras o parón provocado pola covid.  As visitas axudarán a “dar a coñecer o proceso que permite que a auga chegue dende o río Miño ata as billas dos fogares de Lugo e como de novo é devolta ao río en condicións óptimas tras pasar pola depuradora da cidade, unha das máis modernas e eficientes do país”, sinalou o edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández.

As visitas prolongaranse ata finais de curso. En total, están xa programadas as duns 800 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos da cidade, se ben poderían chegar ata un milleiro. Só esta semana, dende o mércores ao venres, serán 150 os escolares que visitarán ambas instalación municipais, de titularidade municipal e xestionadas pola empresa Gestagua.

Tanto o Goberno local como a propia empresa destacan a importancia das iniciativas de educación ambiental como esta, que contribúen a concienciar aos máis pequenos sobre o consumo responsable e o aforro de auga, ademais de dar visibilidade aos traballos e carreiras profesionais relacionadas co medio ambiente e as enxeñerías, así como a procesos que con frecuencia non son coñecidos pola poboación e que resultan fundamentais para garantir uns servizos de abastecemento e saneamento de calidade. É por isto que ambas instalacións tamén poden ser visitadas por calquera tipo de grupo, previa formalización da solicitude no Concello de Lugo, tanto de forma presencial como a través de rexistro electrónico na web.