Skip to main content
Lugo

Bárbara Faustino e Ariel Rodríguez imparten un obradoiro de fotografía na Deputación de Lugo

Por 22 Marzo, 2024Sin comentarios

Bota a andar a VI Edición de Fotografía a Cegas.Nesta nova cita, exporase a necesidade de adentrarse na fotografía dende a percepción sensorial, no que diversas disciplinas (como a fotografía, a danza, a creación audiovisual, a música ou o deporte) serán o eixo central dos obradoiros programados nos 4 museos da Rede Museística Provincial de Lugo.

A primeira actividade terá lugar este sábado na Deputación a partir das 10.30 horas da man de Bárbara Faustino e Ariel Rodríguez. A proposta está orientada a todos os públicos.