Skip to main content
Lugo

Lugo volverá a ser epicentro da cultura vinícola coa cuarta edición do Lucus In Vino Veritas

Por 25 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

A cuarta edición do Lucus in Vino Veritas terá lugar o vindeiro 25 de maio, de novo nun lugar emblemático: o atrio da Catedral de Lugo. O evento vinícola está dirixido a todos os lucenses e a todos aqueles que lles interese a cultura do viño.

Nesta nova edición da mostra de viños, estableceranse dúas zonas diferenciadas. Unha será para as adegas exclusivamente da provincia de Lugo, pretendendo dar máis protagonismo ao territorio e proxectando a imaxe dunha zona rica en diversidade e con moitos proxectos para destacar.

Un segundo espazo estará dedicado ás adegas que veñen doutras zonas, doutros chans e doutros climas coa intención de aprender mutuamente e enriquecernos a través da pluralidade de todas as adegas que veñan á cidade. Co novo programa recupérase a cita que non se celebra dende o ano 2022 e que incluía catas, exhibicións cerámicas, zonas gastronómicas, concursos e mostras de cociña