Skip to main content
Lugo

O grupo de folclore popular canario Os Sabandeños actúa este venres en Lugo

Por 21 Marzo, 2024Sin comentarios

A Xunta de Galicia mantén aberto o prazo de inscrición para o concerto do grupo de folclore popular canario Os Sabandeños no salón de actos da Delegación Territorial de Lugo. A cita terá lugar este venres 22 de marzo a partir das 22.00 horas. A asistencia é aberta e gratuíta para todas as persoas interesadas, aínda que por cuestións de aforo é preciso inscribirse con antelación enviando un correo electrónico ao enderezo concertosabandenos.cultura.lugo@xunta.gal .

O grupo presentará un resumen do seu dilatado repertorio, que inclúe cancións populares canarias xunto con versións de famosas composicións de distintos autores e estilos, como Sólo le pido a Dios, Lágrimas Negras, Mirando al Mar ou Yolanda.