Skip to main content
Lugo

A Valedora do Pobo dá a razón ao PP de Lugo no dereito de entrar en edificios públicos

Por 21 Marzo, 2024Sin comentarios

O PP cualifica de “aprendiz de ditador” a Tomé despois de que a Valedora do Pobo confirmase que PSOE e BNG vulneran dereitos fundamentais da CE. Ameijide denuncia que Tomé vulnera dereitos fundamentais protexidos na CE, algo que reafirma de forma contundente a Valedora apoiándose na doutrina do Tribunal Constitucional que sinala que o dereito do art. 23.2 quedaría baleiro de contido ou sería ineficaz se o representante político vísese privado do mesmo ou perturbado no seu exercicio”.

Deste xeito, a Valedora do Pobo “da o enésimo tirón de orellas a PSOE e BNG” e esixe a José Tomé “que se garanta a libre entrada das persoas deputadas provinciais ás dependencias da Deputación de atención directa á cidadanía; e que nas dependencias nas que se desenvolvan tarefas propias da Deputación, pero sen atención directa á cidadanía, se estableza un réxime de acceso cunha sinxela comunicación previa”.

Os deputados populares levarán unha pregunta ao pleno do martes que para José Tomé se pronuncie sobre se vai a acatar ou non a resolución da Valedora do Pobo e deixará de vulnerar un dereito fundamental recollido na CE. Candia subliñou que a Deputación e o Concello “son a casa de todos” e, “aínda que haxa persoas que cando teñen responsabilidade de goberno o pretenden, non nos poden impedir o acceso”.