Skip to main content
Lugo

Lugo incrementa a seguridade vial cun vehículo para actuar ante situacións de neve e xeo

Por 22 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello dota ao servizo de Protección Civil dun vehículo pick up equipado con coitela quitaneves e esparcidor de sal para actuar ante situacións de emerxencia por neve ou xeo. A rexedora, acompañada do edil de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, e persoal municipal, coñeceu in situ o vehículo que foi acondicionado para dito fin, co obxectivo de incrementar a seguridade nas vías e estradas do concello.