Skip to main content
Lugo

Luis Ramón Vázquez toma posesión como interventor municipal en Lugo

Por 26 Marzo, 2024Sin comentarios

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo delegado da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, efectivizou a toma de posesión do novo interventor municipal, Luis Ramón Vázquez Parga. O novo habilitado nacional é natural de Lugo e desde 2020 exercía como viceinterventor de clase primeira no Concello de Ferrol. A rexedora deu a benvida ao funcionario de carreira e destacou a súa traxectoria municipal.

“Estou segura de que serás moi ben acollido por todos os traballadores e traballadoras deste Concello, que é a túa nova casa. Sen dúbida o labor dun interventor é capital na xestión local e estás chamado a desenvolver un papel de gran valor para o noso municipio. Queremos agradecer o teu compromiso coa nosa cidade”, sinalou a alcaldesa durante o acto.

Vázquez Parga conta cunha dilata experiencia na administración local, antes de ocupar o seu posto no municipio ferrolán exerceu tamén como interventor nos concellos de Ribadeo, entre 2013 e 2020, e en Foz, entre o ano 2007 e 2013. As súas primeiras funcións como servidor público desenvolveunas en Cantabria onde traballou en Santillana de Mar e Santa María de Cayón.