Skip to main content
Lugo

Lugo recibe á Brilat, que colabora un ano máis coa Semana Santa da cidade

Por 27 Marzo, 2024Sin comentarios

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participou xunto á alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e ao resto da corporación municipal, na recepción ao tenente coronel da Brilat “Galicia VII” Juan Manuel Abril e ás tropas do Exército de Terra que están presentes de novo na Semana Santa lucense.

A subdelegada aproveitou para agradecer o traballo que desenvolve a Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable en Galicia en canto á prevención e extinción de incendios forestais na provincia.