Skip to main content
Lugo

O cemiterio de Lugo amplía o horario de enterros a partir de abril

Por 27 Marzo, 2024Sin comentarios

Deste xeito, permitaranse sepelios entre as 10.30 e as 18.00 para garantir unha maior dispoñibilidade horaria, acollendo ata 6 enterramentos diarios de luns a sábado

A área de Participación amplía os horarios de enterramentos no Cemiterio Municipal. Deste xeito, a partir do 1 de abril, permitiranse sepelios entre as 10.30 e as 18.00. Esta medida permite garantir unha maior dispoñibilidade horaria, “acollendo ata 6 enterros diarios de luns a sábado”, asegurou a concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López.

Unha vez cubertas as prazas de persoal na súa totalidade, “podemos dar o mellor servizo nesta instalación municipal”. Os enterros terán lugar entre as 10.30 e as 18.00 de luns a sábado, un cada hora entre as 10.30 e as 13.30 e dous en horario de tarde, ás 17 e ás 18 horas. O horario da instalación será de 9.30 a 14.30 horas e de 16.00 a 19.00 de luns a sábado e os domingos e festivos de 9.30 a 14.30 horas.

Con esta medida, amplíanse ata 6 as inhumacións realizables nas xornadas de luns a sábado, xunto cos 4 que se poden realizar no horario de domingo. Nas xornadas de maior afluencia de visitantes, o horario de visitas será ininterrompido entre as 09.30 e as 19.00. Este horario aplicarase os días 17 de marzo, 5 de maio, 26, 27, 28, 29, 30 e 31 de outubro e 1 de novembro.