Skip to main content
Lugo

Os veciños da Milagrosa piden un paso de peóns na intersección da avenida da Coruña coa rúa Río Narla

Por 27 Marzo, 2024Sin comentarios

Aseguran que se trata dunha zona moi poboada e na que conflúe moito tráfico e que actualmente supón un perigo para peóns, xa que os pasos máis próximos atópanse moi afastados do cruce

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa de Lugo trasladan as queixas veciñais con motivo da falta dun paso de peóns na intersección da avenida da Coruña coa rúa Río Narla no cruce que vai cara á avenida Reverendo José Fernández.

“Trátase dunha zona densamente poboada e que actualmente supón un perigo para peóns, xa que os pasos máis próximos atópanse moi afastados do cruce mencionado”, defenden. Ademais, destacan que se trata dunha zona na que conclúe moito tráfico, xa que os vehículos tanto se dirixen cara á praza Agro do Rolo, como cara ao centro da cidade, así como tamén os que veñen da zona de Paradai pola rúa Río Narla ou van facía a saída da cidade pola Avenida da Coruña.

Deste xeito, solicitan que se instala un novo paso de peóns semaforizado para regular o tráfico peonil e rodado e así mellorar a seguridade viaria da zona. Se construír o paso de peóns significa cambios na rede semafórica, piden que se estuden devanditos cambios e leven a cabo.