Skip to main content
ChantadaPalas de Rei

O PSOE de Chantada declárase en contra de Altri

Por 25 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

A agrupación socialista de Chantada declárase en contra de Altri. Segundo os socialistas, a presenza de Altri pon en risco a viabilidade dun sector rural con gran peso das explotacións  agrogandeiras e forestais, ademais de afectar a outro dos motores económicos e patrimonio  sociocultural da zona: o Camiño de Santiago.

Nunha zona rural, “un proxecto coma o de Altri impide que haxa hectáreas dispoñibles para  aumentar a base territorial das granxas, compromete o cumprimento dos requisitos para a  produción de alimentos, resta recursos hídricos ás explotacións… Así como afecta ó sector  forestal, ás industrias da zona e incluso ós comercios e hostalería. Pero tamén á poboación xeral  cun cambio climático que cada vez arrea con máis forza. Ademais, supón un consumo enerxético  que só se poderá paliar aumentando os parques eólicos”, sinalan os socialistas.

Segundo o PSOE de Chantada, “a empresa prometera nun primeiro momento 2.500 empregos,  agora xa din só 500. Ademais, agora sabemos que se trata dunha celulosa pura e dura, co que  iso supón”, alertan.

Polo mesmo, os socialistas de Chantada cren que se debe esixir que os fondos europeos que ían  ir para Altri se destinen a proxectos industriais na nosa comarca que sexan máis respectuosos co  medio ambiente e que creen empregos de calidade. A solución para o desemprego e a falta de  oportunidades na zona non debe ter como prezo o noso medio natural.