Skip to main content
ParadelaPortomarínSarria

Germán López e María Jesús Conde proclamáronse gañadores da carreira individual de 23 km da Xacorun

Por 5 Marzo, 2024Marzo 6th, 2024Sin comentarios

A carreira do Camiño Francés que pasa polos concellos de Sarria, Paradela e remata en Portomarín que tivo lugar este domingo deixou varias persoas clasificadas como gañadoras.

Así, das máis de 200 persoas participantes, houbo moitas na modalidades de carreira individual de 23 quilómetros e outra de 10 km e unha de remudas de 23 quilómetros.

Con respecto ás individuais, no ámbito masculino, os gañadores da de 23 km foron German López Vázquez, Javier Prieto Rivas e David Méndez Arias e na de 23 feminina, foron María Jesús Conde Rodríguez, Laura Méndez Bellon e Silvia Deira Barcala.

Con respecto á carreira individual de 10 km, os clasificados masculinos foron Jose Manuel Calero Fernández, Jose Antonio Fernández Rodríguez e Alejandro Viñas Romero; e na feminina, Tina Fernández Barreiros, Alexandra Méndez Pérez e Julia Castelo Llaneza.